(¯`·._) PNUD 07(¯`·._)

Create your metroFLOG
pnud07 Profile
January
February
March
April
May
June
July
August
September
October (2)
November (3)
December

 
USERS
Username:
Password:
Remember me
 
 
11/12/2007 report photo | permalink
 
SEGUNDA PARTE (continuación)

4. PROTEXER O NOSO PLANETA EN BENEFICIO DOS POBRES.

Moitos desafíos ambientais só se poden abordar mediante a cooperación internacional.
O PNUD respalda as iniciativas destinadas á protección do medio ambiente e a administrar os seus recursos eficazmente, e promove a cooperación entre os países parar resolver os desafíos comúns do medio ambiente. Por iso, un dos obxectivos básicos do PNUD é axudar ós países a formular políticas sobre medio ambiente e enerxía, que satisfagan as necesidades dos pobres, xa que os fogares pobres, a miúdo, dependen do acceso a unha serie de recursos naturais para a súa subsistencia.
Entre os recursos naturais, o auga cumpre unha función decisiva no desenvolvemento humano. Ó escasear os recursos hídricos, poderían aparecer novas formas de tensión entre países que comparten ríos e lagos, polo que o PNUD estableceu a iniciativa sobre concas fluviais transfronteirizas, unha plataforma para o diálogo e a creación do consenso entre países que comparten recursos hídricos.
A xestión racional e equitativa dos recursos naturais é decisiva para a reducción sostida da pobreza e o logro dos ODM. Unha das formas máis eficientes é garantir que non se faga caso omiso das preocupacións ambientais dos pobres é incluír estos intereses nas políticas nacionais.
O acceso a fontes de enerxía asequíbeis é fundamental para a mitigación da pobreza.
Moitos dos problemas ambientais ós que fai frente o mundo na actualidade son de natureza global. O PNUD respalda á cooperación internacional destinada á promoción do desenvolvemento sostible con financiación do FMAM. ESte é un mecanismo financieiro que respalda as iniciativas que se ocupan das ameazas máis graves ó medio ambiente mundial.

5. DETER A PROPAGACIÓN DO VIH/SIDA.

O VIH/SIDA ten consecuencias devastadoras sobre os que viven có virus, así como as súas familias. O impacto da pandemia abarca tódolos sectores da sociedade e pode danar a trama de comunidades enteiras.
A escala da crise indica que se trata de un desafío importante do desenvolvemento. O número de persoas que vive co VIH en todo o mundo ascende a 40,3 millóns, tendencia xeral de transmisión que segue en aumento.
O PNUD traballa para deter a propagación do virus e as súas consecuencias. Axudamos ós países a dar ó VIH/SIDA un lugar central nas estratexias nacionais de loita contra a pobreza e fortalecer a súa capacidade para protexer os dereitos das persoas que viven có VIH/SIDA, e fomentamos respostas coordinadas e eficaces á pandemia.
O estigma e a discriminación que padecen quenes viven viven có VIH son algúns dos principais obstáculos na loita contra o SIDA. O temor ó rexeitemento a miúdo leva ás persoas en situación de risco a non recurir á axuda médica ou a uns servizos de apoio.
A pandemia do VIH/SIDA plantea así un serio desafío ás posibilidades de desenvolvemento, estabilidade e crecemento de moitos países.

6. EMPODERAR ÁS MULLERES PARA TRANSFORMA-LAS SOCIEDADES.

O empoderamento da muller é decisivo para o adelanto do desenvolvemento humano e o progreso cara o logro dos ODM. O empoderamento da muller contribúe a aumenta-la productividade económica e reduci-la mortalidade infantil, mellora-la saúde e a nutrición, e aumentar as posibilidades de educación da seguinte xeración. O empoderamento da muller significa considera-la igualdade entre xéneros como un elemento central do desenvolvemento humano.
A desigualdade entre xéneros é un obtáculo importante para a eliminación da pobreza e o logro das metas do ODM. Unha forma eficaz de abordar esta brecha entre os xéneros é axudar ós gobernos a preparar presupostos que reflexen as necesidades e intereses especiais das mulleres.
Actualmente existe un grupo internacional integrado por máis de 90 especialistas que traballan nos seus respectivos países a fin de divulga-los coñecementos adquiridos e prestar apoio técnico para realizar auditorias cunha perspectiva de xénero.

7. FORXAR ALIANZAS PARA O DESENVOLVEMENTO.

O desenvolvemento humano é un proceso complexo que require a participación de moitos interesados. O fortalecemento da capacidade dos países para crear sociedades fortes e prósperas esixe a cooperación entre unha ampla rede de asociados.
O PNUD tamén aproveita os puntos fortes do sector privado, colaborando na xestión de alianzas entre grandes empresas, gobernos, ONGs e empresarios locais.
O obxectivo é estimular ás empresas que teñen por destinatarios os mercados de países en desenvolvemento e mellorar o enlace entre grandes empresas e as pequenas empresas locais. A iniciativa axuda a compatibiliza-los intereses das empresas coas prioridades dos países dos asociados para o desenvolvemento pertinentes.
A iniciativa recoñece a necesidade urxente de atraer máis inversións e negocios ós países menos adiantados. A Iniciativa de Fomento de Empresas Sostibles pode ofrecer importantes oportunidades de crecemento ós países en desenvolvemento, se máis empresas respaldan a iniciativa.

 
Guest Book (1)
 
naty @ 01-29-2008 said:
hola entra ami metro flog y pasaselos a todos
soy de argentina
www.metroflog.com/naty_guaymas

From

Message

Access information (only registered users - your link will appear)
username password     remember me
 
< PreviousNext >